Un incendio calcina un alpendre e parte dun coche no concello de Betanzos

O lume iniciouse ao fío das 02.00 horas da madrugada do xoves e, polo momento, descoñécense as causas que o orixinaron

Un incendio rexistrado na madrugada do xoves no municipio coruñés de Betanzos calcinou un alpendre e parte dun coche que se atopaba estacionado no interior da construción.

Segundo informou o Ciae 112 Galicia, os feitos producíronse en Piadela e foron varios os veciños que chamaron á central de urxencias para alertar do suceso.

O lume iniciouse ao fío das 02.00 horas da madrugada do xoves e, polo momento, descoñécense as causas que o orixinaron. Algúns veciños da zona intentaron apagar as chamas, que foron sufocadas na súa totalidade polos Bombeiros de Betanzos. Ademais da os bombeiros, o 112 tamén pasou o aviso a Protección Civil e á Garda Civil.

Comentarios