Un manxar

En tempada de veda do camarón, o verán ten como delicioso protagonista ao lagostino.

Ingredientes

  • 1/2 quilo de lagostinos de Pescanova.
  • 500 ml. de nata líquida.
  • 300 ml. de whisky.
  • Un toro de piña.
  • Unha cullerada de tomate frito.
  • 200 ml. de aceite de oliva.
  • Arroz branco.
  • Sal, pementa e fariña.

Elaboración

Pélanse os lagostinos de Pescanova, deixando a cabeza e o extremo da cola, salpeméntanse e enfaríñanse. A continuación frítense nunha tixola os lagostinos durante dous minutos e retíranse. Para elaborar a salsa, engádese whisky nun cazo e flaméase un minuto. A continuación, introdúcese a nata, déixase reducir cinco minutos a lume lento, engádese o tomate e un toro de piña picada moi fina. Nunha cazola colócanse os lagostinos estirados para que non rompan, cóbrense de salsa e fornéanse durante tres minutos a 200º C.

A presentación do prato é en coroa, cun molde de arroz branco.

Comentarios