Unha persoa resulta ferida nunha colisión en Allariz

O choque produciuse no alto de Taboadela e víronse implicados tres vehículos

Unha persoa resultou ferida este martes tras a colisión de tres vehículos na N-525 ao seu paso por Allariz (Ourense) sobre as 14.45 horas.  

Segundo informa o 112 Galicia, o choque produciuse no alto de Taboadela, e foi un particular o que deu o aviso á central de urxencias.  

Foron avisados, entre outros, Urxencias Médicas, Protección Civil e Garda Civil de Tráfico. A persoa que resultou ferida na colisión foi trasladada polos servizos sanitarios a un centro hospitalario.

Comentarios