Máis de mil persoas asisten á X Feira do Queixo de Abegondo

Máis de mil persoas que acudiron á XI Feira do Queixo de Abegondo tiveron a oportunidade de participar este domingo na elección dos tres primeiros premios correspondentes ás queixeiras, que levaron os mellores queixos que se puideron degustar no Campo da Feira de San Marcos. O sistema para elixir as artesás premiadas consistiu nunha votación en urna, na que as persoas que se achegaban a probar os queixos frescos de leite cru podían emitir o seu voto a continuación.

Así, das dezasete queixeiras, catro de Abegondo e o resto dos concellos veciños de Carral, Oza dos Ríos, Betanzos, Mesía e Ordes, e Vilasantar a que acadou o primeiro premio foi Josefa Sánchez Quindimil, de Vizoño no Concello de Abegondo, quen xa acadou o primeiro premio na edición do ano pasado. O segundo premio recaeu en Antonia Suárez Vales, de Leiro en Abegondo, e o terceiro premio foi para Pilar Candal de Ardemil en Ordes.

As queixeiras artesás premiadas recibiron un diploma acreditativo do recoñecemento que desde o Concello de Abegondo se faia á súa labor na elaboración dun producto artesán de excelencia. O queixo de Abegondo é un producto de grande calidade que é elaborado seguindo o método tradicional da comarca das Mariñas.

Comentarios