Uhnas 500 adegas galegas poderán internacionalizarse coa Fundación Galicia-Europa

Viñedos en las Rías Baixas
photo_camera Viñedos en las Rías Baixas

Ao redor de 500 adegas de colleiteiro galegas (de pequena e mediana dimensión e na súa meirande parte da Denominación de Orixe Rías Baixas) poderán beneficiarse dos servizos do novo Centro de Negocios da Fundación Galicia-Europa e acceder a mercados exteriores, tal como sinalou o secretario de Acción Sindical de Unións Agrarias, José Ramón González, tras a presentación do organismo ante representantes do sector.

Grazas ao novo centro, dependente da Secretaría xeral de Relacións Exteriores da Xunta e que será presentado sectorialmente en próximas convocatorias (con empresarios do moble e do sector do queixo), as pemes galegas poderán desenvolver misións empresariais no exterior, que ata agora tiñan vetadas por carecer dos recursos humanos e técnicos necesarios.

A plataforma, que foi presentada polo presidente Touriño na súa última viaxe a Bruxelas, activou o servizo de 'Xanela única' (a través da páxina web da fundación www.fundaciongaliciaeuropa.eu), con información sobre os contactos e instrumentos dispoñibles.

O Centro de negocios ofrecerá salas de reunións gratuítas e xestionará o uso dun 'bussiness centre' en Bruxelas a prezos competitivos para que as empresas poidan realizar alí degustacións ou mostras de produtos.

Ademais, facilitarase a grupos de empresarios (de catro como mínimo) contar con axentes especializados dedicados a tempo completo a facilitarlles a súa entrada en mercados europeos.

No encontro aludiuse ás capacidades exportadoras do sector vitivinícola galego. "Vos viños galegos son hoxe en día sinónimo de calidade e a súa exportación está a crecer a un ritmo moi superior á dous caldos do resto de España", afirmou o secretario xeral de Relacións Exteriores da Xunta, Xullo Fernández Mato.

Os adegueiros presentes mostraron a súa satisfacción pola iniciativa, reclamando axudas para facilitar os papeleos que, en ocasións, poden derivar en devolucións de produto por problemas para acceder a mercados como o de Estados Unidos.

Só un 6,21% de pemes sae ao exterior 
O mercado europeo, segundo sinalaron no encontro, está integrado por 450 millóns de consumidores, con grandes opcións de comercio para as 76.360 pemes rexistradas en Galicia e entre as que, de momento, só un 6,21% aventúranse en misións de internacionalización.

O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, animou aos adegueiros presentes na reunión a facer uso da plataforma, beneficiosa para "contribuír á promoción" do sector vitivinícola galego.

Comentarios