Unha colisión en Barbadás deixa tres persoas feridas

Os afectados necesitaron axuda dos efectivos mobilizados para abandonar os seus vehículos

Unha colisión entre dous coches deixa tres persoas feridas en Barbadás. O sinistro tivo lugar na estrada que une Ourense con Celanova.

Unha persoa particular deu conta do ocorrido ao 112 ás 15.45 horas. Desde o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informouse a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de San Cibrao. Tamén se alertou a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Ata o lugar do accidente desprazáronse tres ambulancias para asistir ás vítimas. Aínda que ningunha delas quedou atrapada, necesitaron da axuda dos efectivos mobilizados para abandonar os seus vehículos.

Comentarios