Unha muller resulta ferida ao ser atropelada por un bus urbano na Coruña

Unha das pasaxeiras do autocar tamén saíu magoada

Unha muller resultou ferida ao ser atropelada por un bus urbano na Coruña. No accidente, tamén resultou ferida unha pasaxeira que ía no bus. Os feitos tiveron lugar na Praza de Pontevedra con Juana de Veiga e San Andrés. Un particular alertaba do atropelo ao 112 Galicia ás 17.30 horas deste sábado. 

Enseguida, o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasaba o aviso a Urxencias Médicas, á Policía Local, aos Bombeiros da Coruña e a Protección Civil.

Comentarios