V edición da Festa dos Callos

Durante este domingo, a parroquia de San Xoan de Poio celebrará o seu tradicional encontro gastroómico 'Festa dos Callos', que xa vai pola súa quinta edición.

O encontro terá lugar a partir de mediodía, na Praza da Seca, lugar en que os organizadores do evento calculan repartir máis de 1000 racións, a un prezo de 6 euros cada unha, acompañadas, por suposto, de pan e de viño.

Tamén se ofertarán outros produtos típicos para que sexan degustados. Ademais, haberá un Obradoiro de Artesanía no mesmo recinto e un grupo de gaitas invitado amenizará a tarde dos presentes

Comentarios