Verín terá o primeiro laboratorio privado de Galicia especializado en enoloxía

C:UsersippDesktopINTERIOR_COPAS_VINO_recurso.JPG
photo_camera C:UsersippDesktopINTERIOR_COPAS_VINO_recurso.JPG

A empresa Asesoría Vitivinícola Menasa S.L., con sede en Verín (Ourense) e especializada na venda de produtos e material enológico, asumiu a delegación en Galicia de Centrolab, converténdose así no único laboratorio privado especializado na analítica oficial para viños da nosa comunidade autónoma.

A empresa Centrolab xorde no ano 2006 da man de catro enólogos dedicados ao traballo en adega, asesoramento e sector analítico, que se dan conta da necesidade cada vez máis grande de laboratorios  para a elaboración e control no ámbito vitivinícola. En funcionamento desde setembro do 2007, realiza controis analíticos de auga, viño, mosto, vinagres, uvas, etc. Dá servizo a toda España e a súa sede central está situada en Noblejas (Toledo).
 
Centrolab, segundo explican os seus promotores, dispón dun equipo de sete persoas (organizadas en distintas áreas: comercial, asesor, laboratorio, etc.) “con ampla experiencia e formación no sector e conta cun instrumental que lle permite traballar dun xeito rigoroso, sempre baseándose en métodos oficiais de análises, recoñecidos e publicados por organismos nacionais e internacionais (OIV, BOE, etc)”.

Centros tecnolóxicos
Esta compañía, cuxa sede galega se situará a partir de agora en Verín, traballa ademais en colaboración con distintos centros tecnolóxicos e de investigación do sector agroalimentario, o que lle permite, segundo os seus responsables, “estar á altura dos retos que expón un sector e unha industria cada vez máis competitivos e esixentes”.

O laboratorio esta capacitado para a realización de análise tanto fisio-quimicos como microbiológicos a partir de mostras de uva, mosto, viño, etc., así como para controis rutineiros, compras, exportacións ou participacións en concursos.

Comentarios