Vilarvin-Valtea consegue o selo 'Galicia Calidade'

Entrega del sello de 'Galicia Calidade' a Vilarin-Valtea
photo_camera Entrega del sello de 'Galicia Calidade' a Vilarin-Valtea

A adega Vilarvin-Valtea foi premiada co distintivo “Galicia Calidade” como recoñecemento ao traballo e investimento que realizan os seus responsables no campo dos controis de calidade. Unha práctica que, segundo remarcou a delegada da Consellería de Innovación e Industria en Pontevedra, Montserrat Prado, “redunda en beneficio do consumidor”.

Na presentación pública do novo selo para a adega estiveron, ademais da delegada, o delegado en Pontevedra de Medio Rural, Gonzalo Constela, o xerente de Galicia Calidade, Xavier Ignacio Louzao e o presidente da Denominación de Orixe Rías Baixas, Xosé Ramón Meiriño. Con esta distinción, Valtea convértese na terceira adega que logra este recoñecemento tras a nova regulación de Galicia Calidade, e a segunda da Denominación de Orixe Rías Baixas..

O responsable de Valtea referiuse ao distintivo de calidade  como gran unha honra, consecuencia de pasar os ríxidos procesos de selección que esixe esta marca. “Galicia Calidade distínguese polos programas de auditorías e ensaios que garanten que os produtos e servizos amparados superaron os controis esixidos e contan coas materias primas de máis alta calidade, excelentes producións e excelentes servizos” segundo a propia marca.

Outras distincións
A adega Vilarin-Valtea, situada no municipio pontevedrés de Crecente, embotella o primeiro viño elaborado con cepas vellas da sub-zona do condado do Tea e gañou este ano a medalla de ouro no Concurso Mundial de Bruxelas, un dos máis prestixiosos do mundo.

Ademais deste premio, a adega fíxose tamén coa medalla de prata nos premios “Bacchus 2008”, da Unión Española de Catadores, un dos concursos mellor considerados dentro do sector en España.

Comentarios