Volve a choiva

Este xoves será outra xornada marcada polo aire cálido en superficie e o frío nas capas altas da atmosfera, o que de novo provocará moita inestabilidade. Con esta situación pola mañá o ceo estará pouco nubrado con nubes de estancamento no norte, onde haberá orballos ocasionais. 

Pola tarde crecerán nubes de evolución no interior que na segunda metade do día darán lugar a chuvascos tormentosos, ocasionalmente de forte intensidade e acompañados de aparello eléctrico. 

Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará do nordeste, moderado con intervalos fortes entre Bares e Fisterra. 

Pola súa banda, as temperaturas non experimentarán cambios significativos, con lixeiros descensos das máximas no litoral norte. Deste xeito, as máximas subirán ata os 34 graos en Ourense, Vigo e Pontevedra e as mínimas descenderán ata os 15 en Lugo. 

Comentarios