Volven as nubes

Galicia quedará este xoves nunha zona de transición entre as altas presións situadas en Centroeuropa e unha pequena baixa movéndose cara ao sur pola costa de Portugal. Con esta situación, os ceos alternarán nubes e claros, con máis nubes no sur, incluso coa posibilidade dalgún chuvasco illado e ocasional. 

Segundo a información de Meteogalicia, o vento soprará frouxo do sueste. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. 

Concretamente, por cidades, as temperaturas mínimas oscilarán entre os 6 graos de Lugo e os 13 de Vigo, mentres que as máximas estarán entre os 21 graos de Vigo e Pontevedra e os 16 de Lugo. 

Comentarios