viernes. 24.09.2021 |
El tiempo
viernes. 24.09.2021
El tiempo

Xoves anticiclónico en Galicia

A previsión para este xoves. METEOGALICIA
A previsión para este xoves. METEOGALICIA
Os ceos quedarán despexados pola tarde

O xoves haberá predominio anticiclónico e fluxo de ventos do norte en Galicia, polo que se espera un día no que amencerá con ceos con máis nubes canto máis ao norte e con tendencia pola tarde a quedar con ceos pouco nubrados ou despexados.

As temperaturas seguirán sen cambios significativos.

O vento soprará de compoñente norte frouxo, con intervalos moderados nas Rías Baixas. 

Principais indicadores das temperaturas: A Coruña 14° 21°; Ferrol 14° 22°; Lugo 14° 26°; Ourense 14° 31°; Pontevedra 13° 28°; Santiago 13° 23°; Vigo 12° 26°.

Xoves anticiclónico en Galicia
comentarios