Xoves de sol radiante e calor

O anticiclón seguirá este xoves localizado ao norte da península Ibérica, polo que non se esperan cambios significativos durante esta xornada. Isto fará que Galicia experimente unha vez máis unha xornada de estabilidade, con ceos que permanecerán pouco nubrados ou despexados en toda a Comunidade. 

Segundo a información de Meteogalicia, os ventos soprarán frouxos de compoñente leste, con réxime de brisas nas Rías Baixas. As temperaturas quedarán sen cambios ou incluso continuarán ascendendo, quedando os rexistros en valores altos para a época do ano. 

En concreto, por cidades, as máximas oscilarán entre os 31 graos de Ourense, Vigo e Pontevedra e os 24 da Coruña, mentres que as mínimas estarán entre os 8 de Lugo e os 16 de Vigo. 

Comentarios