XXI Feira do Queixo

A XXI edición desta cita gastronómica terá lugar os días 14 e 15 de abril en Palas de Rei, en Lugo.

Así, o sábado 14 inaugurarase a feira, onde non faltará a música, xa que Trasnos da gaita encargarase de amenizar a festa. Para pola tarde, a iso das 18.00 horas, os asistentes gozarán da actuación do grupo de baile O Palacio do Rei, que levará a cabo na praza do Concello.

Seguidamente, para o domingo 15, a partir das 12.00 horas do mediodía procederase á lectura do pregón. Unha hora despois, ás 13.00 horas os asistentes poderán degustar o queixo Ulloa. Para finalizar a xornada, ás 20.00 horas, Cántigas e Agarimos ofrecerá a súa actuación; do mesmo xeito que o grupo Os Melidaos, na praza do Concello.

Comentarios