XXIII Festa do Requeixo e Festival Rockeixo na Capela

O próximo fin de semana terá lugar, no municipio coruñés da Capela, a vixésimo terceira edición da Festa do Requeixo desta vila, que dá lugar, á súa vez, ao Festival Rockeixo, que xa vai pola súa cuarta edición, e ao Concurso de Receitas con Requeixo, o cal celebra a súa sexta edición este ano.

Así, respectivamente, o concurso de receitas terá lugar o venres 26, no cal se darán senllos premios aos dous gañadores das categorías doce e salgado, e o sábado 27, a partir das dez da noite, os visitantes poderán gozar do festival de música Rockeixo, que este ano contará coas actuacións de Sandford Music Factory, Drive Stones, Primitive, Noc e Non More Rain.

Será o domingo 28 cando se celebre a xornada gastronómica Así, a partir das once da mañá estará aberta a Exposición de Artesanía, Manualidades e Maquinaria, ás doce farase unha ruta guiada pola contorna do parque natural das Fragas do Eume e diversos puntos do municipio, entre outras actividades.

A partir da unha da tarde, unha vez finalizados as tradicionais misa e lectura do pregón, farase a repartición do requeixo da Capela así como outros produtos tradicionais cos que acompañalo. O momento estará amenizado pola Banda de Música Sementeira de Cambre.

Outras actuacións durante a tarde farán o peche desta xornada gastronómica .

Comentarios