XXIII Festa do Champiñón

A XXIII edición da Festa do Champiñón celebrarase desde o 27 ao 29 de abril na localidade coruñesa de Ordes. No evento, organizado por unha comisión e polo Concello, repartirase este produto polos establecementos hostaleiros que participan na cita para que elaboren os seus pratos.

Así, o venres 27 de abril terá lugar a inauguración da Festa do Champiñón no recinto feiral de Ordes ás 21:00 horas, onde levarán ao cabo unha serie de xornadas dedicadas a empresarios e autónomos de Ordes.

Seguidamente, para o sábado 28 procederase á apertura do recinto feiral ás 10.00 horas. Alí estarán presentes as empresas da comarca, así como doutros lugares. A velada estará amenizada pola charanga Ruada. Os actos culminarán ás 21.00 horas.

Finalmente, o domingo 29 a apertura deste espazo farase ás 10.00 horas. Os asistentes poderán degustar gratuitamente os champiñones nos locais colaboradores. Neste día, do mesmo xeito que o anterior, a charanga Ruada porá a nota musical á xornada, a ela tamén se unirá o grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes e a Banda de Música Amigos de Ordes.

Comentarios