Festa da Zorza, na Guarda

O venres 23 de setembro o barrio da Gándara, no municipio pontevedrés da Guarda, acollerá a XXV edición da Festa da Zorza, que se ten lugar na véspera das Festas da Virxe das Mercedes.

A praza Seixiños encherase, a partir das 18:00, de asistentes a esta cita gastronómica. Ademais deste produto, se podra gozar dunha queimada popular, colofón final desta xornada que contará coa actuación do grupo de gaitas A Boalleira.

Comentarios