Falece o veciño de Valadares que foi atacado por velutinas en agosto

Nido de avispa velutina. DAVID FREIRE
photo_camera Niño de avispa velutina. DAVID FREIRE

Ángel Davila, o veciño que de Valadares que sufriu o ataque dunha nube de velutinas en agosto, faleceu no hospital de Meixoeiro, segundo puido confirmar Diario de Pontevedra. Davila, de 50 anos, foi ingresado tras o suceso no Álvaro Cunqueiro. Posteriormente foi trasladado ao sanatorio pontevedrés de Santa María e, finalmente, a Meixoeiro.

Davila sufriu un ataque severo de avispas asiáticas cando se atopaba realizando tarefas de roza nunha leira de Valadares o pasado 8 de outubro.