lunes. 24.01.2022 |
El tiempo
lunes. 24.01.2022
El tiempo

Santiago reforzará a vixilancia policial no mercado tras a liorta entre clans xitanos

O concelleiro de Convivencia, Xan Duro, di que "non haberá ningún problema" e o alcalde chama á "tranquilidade" para evitar que "o conflito vaia a máis"

A Policía Local de Santiago reforzará esta semana a súa presenza habitual no mercado que se celebra en Salgueiriños os xoves para evitar posibles conflitos derivados da liorta entre dous clans xitanos que o sábado se saldou cun tiroteo e varios feridos na cidade.

Segundo confirmou o concelleiro de Convivencia, Xan Duro, desde o concello decidiron que esta semana se reforce a presenza da Policía Local no mercadillo, aínda que cre que "non haberá ningún problema".

A Policía Nacional tamén estará presente para previr conflitos, dado que persoas dos dous clans participan nesta cita.

Duro tamén reiterou que os servizos sociais municipais están a levar a cabo un proceso de "mediación" entre ambos clans para "reconducir a situación" e reducir a tensión entre as familias. Ao mesmo tempo, desvinculou esta situación da ocorrida noutras cidades galegas, como é o caso de Vigo, dado que a orixe do conflito entre os clans pertence ao ámbito "privado" e non garda relación co mercadiño.

Pola súa banda, o alcalde da cidade, Martiño Noriega, fixo este luns un chamamento á "tranquilidade" para evitar que "o conflito vaia a máis", tras o que comprometeu o esforzo dos servizos de mediación e dos corpos de seguridade.

Santiago reforzará a vixilancia policial no mercado tras a liorta...
comentarios