Aitana: "Cepeda sempre vai ser importante para min digan o que digan"

La barcelonesa y el ourensano no se separaron en la fiesta de despedida de 'Operación Triunfo'

Cepeda y Aitana, durante el concurso. TVE
photo_camera Cepeda y Aitana, durante el concurso. TVE

Un día despois de terminar Operación Triunfo, Aitana repasou o seu paso pola Academia na rolda de prensa que organizou TVE. E falou de Cepeda, o seu compañeiro inseparable e, para moitos –especialmente despois dun audio filtrado no que supostamente a barcelonesa confesaba o seu amor polo ourensán–, algo máis que o seu amigo.

"Foi o meu máximo apoio, o meu mellor amigo, noteino tan preto, tan familiar. Ás veces pasábame un pouco con el pero era broma", dixo á primeira pregunta dos xornalistas. E engadiu, cando lle preguntaron se estaba preparada para saber todo o que se falou da súa relación con el: "Na festa contáronme un pouco. Non sei o que se puido ver, pero quero deixar claro que Cepeda sempre vai ser importante digan o que digan e vai ser o meu mellor apoio, téñoo como o meu mellor amigo e como un irmán".


Nesa festa á que se refería a subcampioa desta edición de Operación Triunfo púidoselles ver precisamente a ambos os inseparables. Aiteda, como xa os bautizaron os seus fans, gravaron varios vídeos e interpretou No puedo vivir sin ti en versión karaoke. 

ROI E O SEU INESQUECIBLE PASO. Neste último vídeo da festa subido ás redes sociais vese tamén ao compostelán Roi, un dos concursantes máis queridos da edición que reflotou este formato.

Así o fixo saber tamén o presentador Roberto Leal, quen hai días non dubidou en confesar que a expulsión de Roi, o mozo que fixo popular o sapoconcho, foi o momento máis difícil do concurso. "Cando se foi Roi paseino mal, pero xa desde o inicio da gala. Creo que ese foi o meu momento máis difícil, a súa expulsión. Sabía que ese mozo levantara boa parte do programa, tanto dentro da academia como nas galas".
 

Comentarios