18 portos galegos logran o distintivo Bandeira Azul

Sada e Baiona incorpóranse á lista de 18 portos premiados co recoñecemento
Imagen de la Bandera Azul ondeando
photo_camera Imagen de la Bandera Azul ondeando

Un total de 18 portos galegos, dos que 15 dependen da Consellería do Mar e os outros tres de Autoridades Portuarias, conseguiron a distintivo Bandeira Azul 2017. O recoñecemento outórgao a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, ADEAC, e recoñece a calidade das instalacións e servizos dos portos deportivos. 

En concreto, tal e como relatou a Xunta nun comunicado, os galardoados foron os operadores dos portos deportivos de Ribadeo, Viveiro, Sada, Ares, Camariñas, Muxía, Portosín e Cabo de Cruz. A estes súmanse San Vicente do Mar, Portonovo, Juan Carlos I (Sanxenxo), Cangas, Moaña, Baiona e Monte Real Club de Iates. En concreto, Sada e Baiona incorpóranse á lista de instalacións distinguidas nesta edición.

Todos os clubs náuticos premiados presentaran a súa candidatura oficial ao galardón impulsados por Portos de Galicia, o ente público titular do conxunto das instalacións náutico recreativas dependentes da Xunta de Galicia. A primeira edición tivo lugar no ano 2009 e contou con 3 distintivos.

Comentarios