Ribadeo, Sanxenxo e Portonovo, entre os destinos de praia con mellor reputación online

Así se desprende do ranking elaborado por Trivago.es en base ás opinións dos internautas sobre os hoteis situados en localidades costeiras
La playa de As Catedrais recibe miles de visitas todos los días
photo_camera La playa de As Catedrais recibe miles de visitas todos los días

Ribadeo é o terceiro destino de praia de España con mellor reputación online segundo un ranking elaborado por trivago.es que inclúe os hoteis mellor valorados do país, entre os que tamén se inclúen os de Sanxenxo e Pontevedra. Para a súa elaboración, o portal de comparación de prezos analizou máis de 140 millóns de opinións realizadas polos internautas en máis de 200 webs de reserva de aloxamento.

A planta hostaleira de Hondarribia, en Guipúzcoa, consegue a mellor nota por segundo ano consecutivo, cunha media de 84,45 puntos sobre 100. Séguenlle Playa de Muro, en Mallorca e Ribadeo, con 83,39 e 82,93 puntos respectivamente. Sanxenxo e Portonovo ocupan as posicións 9 e 10, con 81,31 e 81,08 puntos, respectivamente.

O ranking, que presenta os 70 destinos españois de praia máis buscados, mostra que os destinos do norte ocupan os postos máis altos. Pola contra, os destinos de praia do mediterráneo reúnen as peores valoracións. Así, S'Areal (Mallorca) e Lloret de Mar (Xirona) son os destinos que rexistran as puntuacións máis baixas


En canto ao número de opinións sobre aloxamentos en Internet, Sanxenxo é o destino que xera máis, contabilizando máis de 14.000. No conxunto de toda España, Benidorm e Playa del Inglés (Gran Canaria) son os destinos con maior número de opinións de hoteis, máis de 100.000, e Laredo (Cantabria) o que ten menos contido online, en concreto, menos de 3000 opinións.


Estes son os dez destinos de praia máis valorados:

1 Hondarribia (Guipúzcoa, Euskadi) 84,45
2 Praia de Muro (Mallorca, I. Baleares) 83,39
3 Ribadeo (Lugo, Galicia) 82,93
4 Colònia de Sant Jordi (Mallorca, I. Baleares) 82,42
5 Conil de la Frontera (Cádiz, Andalucía) 82,15
6 Ribadesella (Asturias) 81,76
7 Cala Millor (Mallorca, I. Baleares) 81,67
8 Tarifa (Cádiz, Andalucía) 81,61
9 Sanxenxo (Pontevedra, Galicia) 81,31
10 Portonovo (Pontevedra, Galicia) 81,08

Comentarios