O falso artigo póstumo de Forges que circula por internet

Usuarios das redes sociais atribúen ao debuxante o autoría de un texto escrito polo xornalista David Jiménez

Antonio Fraguas, 'Forges'. EFE
photo_camera Antonio Fraguas, 'Forges'. EFE

Tras a morte do debuxante Antonio Fraguas, Forges, moitos usuarios das redes sociais compartiron as súas viñetas e tamén lle atribuíron a autoría dun artigo que, segundo eles, publicouse a título póstumo no diario Expansión. O texto, que realmente pertence ao xornalista David Jiménez, leva por título El triunfo de los mediocres. Nel fálase de España como un país que "acantoa a excelencia" e obriga aos mellores a "marchar ou deixarse engulir pola imparable marea gris da mediocridade". 

David Jiménez publicou o artigo no seu blogue en febreiro de 2012. Xa naquel momento, o texto foi atribuído a diferentes autores, entre eles ao propio Forges, a Juan José Millás ou a Mario Vargas Llosa. 

Esta columna que, supostamente, o debuxante de orixe fonsagradino deixaría escrita para publicar despois do seu falecemento, foi compartida en Twitter, Facebook e WhatsApp. A difusión da falsa nova foi tal que David Jiménez tivo que aclarar o malentendido nas redes sociais, tirando de humor, "como faría Forges". 

Comentarios