Gadis entregará miles de bolsas de papel na Coruña co lema 'Non San Xoán coida das praias'

A iniciativa, promovida en colaboración co Concello da Coruña, pretende concienciar da importancia de preservar os areais da cidade herculina
Diseño de las bolsas
photo_camera Diseño de las bolsas

O grupo de distribución alimentaria Gadis entregará miles de bolsas de papel co lema Non San Xoán coida das praias, nunha iniciativa promovida en colaboración co Concello da Coruña.

Segundo informou a compañía na presentación desta proposta, o obxectivo é "concienciar aos clientes da importancia de preservar os areais da cidade durante esta festividade".

As bolsas incluirán un deseño conmemorativo da Torre de Hércules e a praia de Riazor e repartiranse entre todos aqueles clientes que se acheguen a realizar as súas compras en establecementos da cidade coincidindo con esta celebración.

A empresa de distribución presentou a iniciativa nun acto celebrado no Supermercado Gadis da rúa Socorro e que contou coa presenza da concelleira de Medio Ambiente, María García, e o director de Mercadotecnia de Gadisa, Antonio Cortés.

Comentarios