Galiciaé e Aprendum invítante a aprender inglés coa realidade virtual de Velawoods English

Con este novo método poderás desenvolver todas as túas habilidades lingüísticas mentres interactúas cos habitantes deste videoxogo online

Chega a España un sistema totalmente innovador e eficaz que che fará esquecer que estás a estudar un novo idioma. Falamos de Velawoods English, un novo curso de realidade virtual no que aprenderás inglés a través de todo tipo de situacións da vida cotiá, que teñen como escenario o divertido pobo de Velawoods.

Galiciaé, xunto con Aprendum, distribuidor oficial en España de Velawoods English, ofréceche agora a oportunidade de experimentar as vantaxes que proporciona este novo método grazas ao curso online de Inglés Velawoods English (nivel A1) ao incrible prezo promocional de 39 euros. Coma se dun videoxogo se tratase, ti serás o protagonista dunha realidade virtual na que percorrerás cada recuncho de Velawoods, mentres interactúas con todos os seus habitantes a través de situacións tan cotiás como comprar o pan, comer nun restaurante ou acudir ao médico. Conseguirás desenvolver todas as túas habilidades lingüísticas: oir, ler, escribir, falar, vocabulario e gramática.

O curso consta dun total de tres niveis, nos que atoparás diferentes escenarios, misións e tarefas. Cada tarefa profunda nun ou varios obxectivos de aprendizaxe e pódese completar nuns 15 minutos. Ademais, conta coa tecnoloxía máis avanzada para avaliar e perfeccionar a túa pronuncia, desenvolvida por Carnegie Speech, líder mundial na avaliación de habilidades da linguaxe oral. De forma periódica e totalmente personalizada, recibirás informes de rendemento nos que te informarán dos teus progresos e das áreas a mellorar. Poderás practicar a túa pronuncia tantas veces queiras; e grazas ás respostas dos falantes nativos, aumentarás a túa confianza á hora de falar en inglés.

Estamos ante un curso adaptado ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas e apoiado por Cambridge University Press. O seu formato online permitirache marcar o teu propio ritmo de aprendizaxe. Ademais, o curso é compatible con calquera tipo de dispositivo (móbil, tablet, PC ou Mac) e a aplicación sincronízase automaticamente en todos eles, de forma que poderás iniciar sesión nun ou noutro e continuar sempre onde o deixaches. Contarás cun profesor virtual que che axudará e guiará en todo momento, destacando e explicando os principais puntos e regras lingüísticas e, ao finalizar cada curso e nivel, recibirás un Certificado Acreditativo, vinculado ás certificacións internacionalmente recoñecidas de Cambridge English. Preparado para aprender inglés a través dunha realidade virtual? Non viches nada igual!

Comentarios