Galiciaé e Aprendum ofrecen un curso de profesor de inglés para estranxeiros

Con máis de 30.000 procuras mensuais en Google, os cursos online de inglés son unha das tendencias máis demandadas en formación. Desde a crise e dada a demanda existente, converterse en profesor desta lingua é unha garantía de emprego
Aprendum
photo_camera Aprendum

Galiciaé ofrece unha nova proposta con multitude de saídas e relativamente pouca competencia: teaching english as a foreign language ou TEFL. Dirixido a persoas nativas de lingua inglesa ou cun alto nivel de inglés, o TEFL Cambridge Scholar Level 5 axuda a formarse para o exercicio de profesor de inglés como lingua estranxeira e pode abrirche as portas a novas e importantes saídas laborables.

Ademais de permitir coñecer en profundidade un idioma tan rico como o de Shakespeare, ser profesor de inglés como lingua estranxeira resulta un trampolín para traballar tanto en España como en calquera outro país. Se sabes inglés ou estás formado nalgunha das ramas da educación, Galiciaé, da man de Aprendum, anímate a ampliar o teu currículo e obter unha certificación que pode servirche a nivel internacional. Agora ao exclusivo prezo de 59 euros para todos os nosos lectores.

Ademais de acreditarte como profesor de inglés, este curso online de profesor de inglés para estranxeiros axudarache no desenvolvemento de habilidades diferentes para adecuar as túas técnicas de ensino ao país de orixe do teu alumnado. Inclúe conceptos teóricos e métodos didácticos para ensinar de forma correcta, coñecendo como orientar aos teus alumnos na aprendizaxe do inglés e sabendo aproveitar todos os recursos dos que dispoñas na aula.

CONSELLOS. Como pista inicial, Aprendum e Galiciaé adiantámosche que os métodos didácticos actuais aconsellan estruturar a clase en tres partes: 30% de audio, 30% de gramática e 30% de conversación co alumno. Considérase que o tempo residual escápase entre un e outro paso pero garantímosche que con este curso online de TEFL perderás o medo a enfrontarte a unha clase a pesar de que, habitualmente, o primeiro día se converta no inicio dun camiño incerto que moi pronto saberás reconducir. 

Para practicar un idioma que non é o propio, nada como empezar a romper o xeo con presentacións, gustos persoais, etc... En canto crebes esa barreira, poderás guiar as túas clases con orixinalidade, algo no que tamén te forma este curso online. Recomendámosche empregar música, películas e demais fragmentos audiovisuais. Aos teus alumnos encantaralles.

Comentarios