Galiciaé e Aprendum ofrécenche a posibilidade de mellorar o teu inglés

A demanda de máis idiomas para ampliar a competencia laboral pódese afrontar con cursos desde só 39 euros

A tan manida alusión á pouca destreza dos españois para aprender idiomas e, máis concretamente, para falar con soltura en inglés, é coñecida case internacionalmente. Pero é hora de empezar a romper cos tópicos e o verán parece unha boa época para pór todo o empeño niso.

A baixada na carga de traballo propia da época estival, unida á maior demanda de idiomas que amplíen a competencia laboral e incrementen a empregabilidade en tempos de crises, disparan a petición de cursos de idiomas. Máis do 80% das ofertas de emprego que se publican actualmente, inclúen como requisito imprescindible o coñecemento do inglés, cando non dun segundo idioma.

Grazas a Galiciaé, mellorarás a túa destreza na lingua de Shakespeare a través de cursos que che abrirán infinidade de portas no mundo laboral desde só 39 euros. Poderás aprender inglés con este curso dun ano de acceso formado por catro niveis ou prepararte para obter o First Certificate de Cambridge. Ademais, tes a posibilidade de elixir o teu nivel máis adecuado entre First, Ket, Pet ou Advance ou prepararte para cada un deles con este pack de oito cursos online.

Nos últimos anos, contar cun segundo idioma converteuse nunha ferramenta fundamental para atopar emprego case de forma directa. Se o teu propósito do verán pasa por mellorar as túas habilidades lingüísticas noutras linguas, desde Galiciaé propómosche visitar o catálogo completo de idiomas da plataforma de cursos online.

Comentarios