Galiciaé e Aprendum invítante a formarte en Big Data e marketing online

A través deste curso online poderás aprender a utilizar esta potente ferramenta para xestionar e analizar datos da comunidade virtual
A través de este curso podrás conocer el funcionamiento del Big Data y aprender más sobre marketing digital
photo_camera A través de este curso podrás conocer el funcionamiento del Big Data y aprender más sobre marketing digital

A gran variedade de dispositivos da que dispomos na actualidade provocou a acumulación de millóns de datos na comunidade virtual. Ante esta situación, as empresas tiveron que implantar novas metodoloxías para poder analizalos e extraer deles información relevante. Cada clic, cada publicación nas redes sociais, cada compra por Internet ou cada páxina visitada van deixando toda unha retahíla de información acerca dos nosos gustos e intereses persoais que as empresas non quixeron desaproveitar. Ante a necesidade de procesar eses datos e indagar acerca das nosas necesidades, as compañías atoparon no Big Data unha oportunidade única para achegarse un pouco máis ao consumidor.

Definido como o sistema que se encarga da xestión e a análise de datos masivos, esta tecnoloxía reúne ademais o que se coñece como as tres uves: volume, variedade e velocidade; isto é, a xestión dun enorme volume de datos á maior velocidade posible e tendo en conta a súa particular variedade. Agora, Galiciaé, xunto con Aprendum, ofréceche a posibilidade de profundar nas características e vantaxes desta potente ferramenta grazas ao curso online de Big Data e marketing online, ao incrible prezo de 59 euros.

Grazas a este curso online poderás coñecer e interpretar esa valiosa información en tempo real, o que á súa vez che facilitará a toma de decisións e a planificación de diferentes accións estratéxicas. Nun mercado hipercompetitivo como o actual, é fundamental detectar as necesidades e coñecer o produto ou servizo que se está demandando no mercado. Configurar o perfil de cada usuario permitirache incrementar a facturación, diferenciarte da competencia e mellorar o teu posicionamento nos buscadores, xa que o curso inclúe tamén formación básica en materia de marketing online.

Introduciraste nos conceptos craves do Big Data, tales como Google MapReduce e Hadoop e coñecerás a estreita relación que existe entre esta nova metodoloxía e o marketing dixital.

O seu formato online permitirache marcar o teu propio ritmo de aprendizaxe: ti pos o horario e o tempo que lle queiras dedicar cada día, posibilitando a combinación desta formación coa realización doutras actividades. Ademais, contarás con titores expertos que che axudarán a resolver calquera dúbida que che puidese xurdir durante a súa realización. O curso inclúe diversos exercicios prácticos cos que poderás consolidar todo o apreso.

Ao finalizar, recibirás unha certificación acreditativa que avalará os teus coñecementos neste ámbito. Fórmate para deseñar exitosas estratexias de marketing, xestionar os datos a gran escala e transformar esta información en vendas. Que máis necesitas para abordar unha das consideradas profesións do futuro?

Comentarios