Inditex nomea a Aitana embaixadora de Stradivarius

A concursante de 'Operación Triunfo' conquistou co seu estilo e frescura aos responsables da marca nova do imperio de Amancio Ortega

Aitana, de 'Operación Triunfo'. AEP
photo_camera Aitana, de 'Operación Triunfo'. AEP

Aitana Ocaña, segunda clasificada da última e exitosa edición de Operación Triunfo, é a nova embaixadora de cabeceira de Stradivarius, a firma de moda nova de Inditex.

A aposta do imperio téxtil que encabeza Amancio Ortega farase efectiva a partir do 3 de abril, cando a moza catalá presidirá un evento cos fans que gañen un concurso en Instagram. Ademais, a marca creará unha camiseta baseada en Lo malo, o título da canción que interpretou coa canaria Ana Guerra.

A frescura, a idade (18 anos) e o estilo de Aitana foron as características que convenceron aos responsables de mercadotecnia de Stradivarius, segundo informa Vanitatis. O seu papel como primeira embaixadora da marca durará polo menos toda esta tempada primavera-verán.

 

Cores ð???<>

Unha publicación compartida da AITANAaitana_ot2017)> o Mar 26, 2018 at 6:13 PDT

Comentarios