Mediaset tomou unha decisión histórica na televisión española: prescindirá da segunda edición dos informativos en Cuatro e reducirá a un espazo de 10 minutos a primeira entrega diaria.
A decisión farase efectiva a partir de febreiro, cando desaparecerá Noticias Cuatro, ás 20 horas e presentado por Javier Ruiz, e o do mediodía, conducido por Carme Chaparro e que arrinca ás 14 horas.
Segundo El Televisero, os malos datos de audiencia dos informativos, que perderon a batalla co seu principal competidor, as noticias de La Sexta, foron o motivo que levou a Mediaset a tomar esta decisión. Apenas chegaban ao 6% de cota.
En canto aos traballadores, Yotele asegura que a cadea intentará recolocalos no novo magacín de tarde que conducirá precisamente Carme Chaparro.
A decisión é histórica sempre que se trata da primeira cadea xeneralista, fóra de La2, que prescinde dun dos informativos das principais franxas.