Retiran do mercado español este complemento alimenticio que contén viagra

VX Cápsula ha sido retirado por la Aemps
photo_camera VX Cápsula foi retirado pola Aemps.

A Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (Aemps) prohibiu a comercialización do complemento alimenticio VX Cápsulas ao conter o principio activo sildenafilo -o mesmo que contén a viagra- e ordenou a retirada do mercado de todos os envases deste produto.

A Aemps, dependente do Ministerio de Sanidade, tivo coñecemento desta irregularidade a través do Departamento de Saúde da Delegación Territorial de Guipúzcoa, que soubo da comercialización deste produto distribuído pola empresa portuguesa Bioceutica. 

Segundo as análises levadas ao cabo pola Aemps, este produto contén a sustancia activa sildenafilo "en cantidade suficiente para restaurar, corrixir ou modificar unha función fisiológica exercendo unha acción farmacolóxica", o que lle confire a condición legal de medicamento. 

Unha sustancia que non se declara na súa etiquetaxe, que indica "enganosamente" unha serie de produtos de orixe vexetal, subliña a nota da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios.

O sildenafilo está indicado para restaurar a función eréctil deteriorada mediante o aumento do fluxo sanguíneo do pene por inhibición selectiva da fosfodiesterasa 5 (PDE-5). 

Os inhibidores da PDE-5 están contraindicados en pacientes con infarto agudo de miocardio, anxina inestable, angina de esforzo, insuficiencia cardíaca, arritmias incontroladas, hipotensión, hipertensión, ictus e insuficiencia hepática grave, entre outras patoloxías.

Comentarios