O segundo mellor bocadillo de España xa se pode tomar nos Galipizza

A receita xa se puido degustar o pasado xoves 1 de febreiro no Xoves de Tapeo da firma

Bocadillo de Galipizza. EP
photo_camera Bocadillo de Galipizza. EP

O Bocadillo de Autor en Pan de Cristal con lagostinos ao ajillo, touciño entrefebrado ibérico, allos tenros e ovo roto xa se pode comer nos locais de Galipizza. A receita logrou o segundo premio do V Concurso Bocadillos de Autor no recente congreso gastronómico Madrid Fusión 2018.

O bocadillo xa se puido degustar o pasado xoves 1 de febreiro no Xoves de Tapeo que a firma organiza semanalmente. Con esta iniciativa chegouse case ás 900 unidades de bocadillos vendidos en todos os locais.

"Non foi unha sorpresa, posto que xa sabiamos que a nosa clientela estaba desexosa de poder probalo", asegurou José Manuel Vázquez, Leman, xerente de Galipizza. "Pero o que si nos sorprendeu foi alcanzar tal número de tapas unha tarde de inverno en plena onda de frío, sarabia e choiva", engadiu.

Viveiro, Ribadeo, Culleredo, Santiago, Vigo e Oviedo son os lugares nos que se poderá degustar a nova receita.

Comentarios