TVE publica un adianto do videoclip de 'Tu canción' de Amaia e Alfred

La 1 estreará o vídeo completo da proposta de España para Eurovisión este venres nunha emisión especial presentada por Roberto Leal

Alfred y Amaia interpretan 'Tu canción'. TVE
photo_camera Amaia e Alfred interpretan 'Tu canción'. TVE

La 1 de TVE estreará o videoclip de Tu canción de Amaia e Alfred para Eurovisión este venres en horario de máxima audiencia nunha emisión especial presentada por Roberto Leal e que contará coa presenza dos representantes españois en Lisboa.

Segundo informou RTVE, os seguidores de Eurovisión e do programa Operación Triunfo poderán ver o próximo 9 de marzo, antes da estrea do novo programa Dicho y hecho, o videoclip de Tu canción.

Así se anunciou durante #OTVisión, o programa especial semanal sobre Eurovisión emitido por Playz, a plataforma de contidos dixitais de RTVE.

Ademais, o espazo adiantou en exclusiva 20 segundos do videoclip, dirixido por Gus Carballo, que serve de presentación a Europa do tema candidato a Eurovisión composto por Raúl Gómez. Mira aquí o adianto.

"Complicidade, sensibilidade e maxia son tres das característiacas que acompañan a Amaia e Alfred durante o videoclip da Tu canción: unha historia de amor que pon o foco na maxia entre os dous artistas e na calidade vocal de ambos", avanzou a cadea. 

Comentarios