Unha anciá morre afogada nunha praia fluvial do Rosal 

As circunstancias do suceso aínda están a ser investigadas, pero en principio non se valora unha morte violenta

 

 

Unha muller, de 79 anos e natural de Asturias, faleceu na mañá deste luns nunha praia fluvial do municipio pontevedrés do Rosal por circunstancias que están por determinar, aínda que se descarta unha morte violenta. 

Tal e como informaron fontes da Garda Civil, os feitos ocorreron ao redor das 14.00 horas deste luns na praia fluvial de Eiras, onde a vítima se atopaba coa súa familia. Ao parecer, a muller apareceu afogada na auga, sen que de momento transcendan as circunstancias do seu falecemento.

En todo caso, estas fontes apuntaron que "en principio non se valora unha morte violenta".