Arde parte dunha casa en Santa Comba cando o inquilino estaba ausente

O lume comezou na cheminea e calcinou por completo a cociña e o primeiro piso. O inquilino, de avanzada idade, estaba nun establecemento da zona

Unha vivenda de Vilarnovo de Freixeiro, en Santa  Corda, A Coruña, incendiouse o cando o seu único ocupante estaba ausente. O home, de avanzada idade, atópase en perfecto estado xa que estaba nun establecemento da zona cando se queimou a casa.

O lume, que comezou nunha cheminea, calcinou por completo a cociña e o primeiro piso deste inmoble, informou a central que coordina as urxencias na Comunidade.


Un particular avisou ao 112 sobre as oito e media da tarde do martes. Os bombeiros sufocaron as chamas e informouse, por precaución, aos técnicos de Urxencias Médicas e á Garda Civil. 

Comentarios