Arde un alpendre con alpacas de herba en Arzúa

Os bombeiros tiveron que retirar o seu contido para poder controlar as chamas

Os Bombeiros de Arzúa víronse obrigados a traballar na extinción dun lume que se iniciou nun alpendre situado no lugar de Vimieiro, no Concello do Pino. Segundo indicaron, o lume está controlado.

Trátase dun alpendre no que se almacenan alpacas de herba que tiveron que retirar para poder sufocar as chamas.

Foi un particular quen, ao fío das 11:00 horas deste domingo, pediu axuda ao CAE 112 Galicia. Aseguraba que non había persoas afectadas e que non había vivendas á beira, con todo, si solicitaba axuda para apagar o lume. Enseguida, desde o 112 Galicia, pasouse aviso aos efectivos do parque comarcal e á Garda Civil.

Comentarios