O lume calcina parte dun alpendre en Abegondo

O incendio afectou o tellado do silo e a palla almacenada no seu interior

Un alpendre ardeu este luns pola tarde en Abegondo. O incendio afectou o tellado do silo e queimáronse unhas alpacas de palla.

Os feitos ocorreron nunha casa da parroquia de Leiro, no lugar da Rúa.

O 112 recbió o aviso por parte dun particular ás 14.35 horas. Informou aos Bombeiros de Ordes, cuxa intervención foi descartada, aos Bombeiros de Betanzos, a Protección Civil e á Garda Civil. 

Finalmente o lume quedou extinguido e ninguén resultou afectado.


Comentarios