Arde un camión na A-52 preto de Ribadavia

O lume afecta á parte superior dunha vivenda en Carballeda de Valdeorras

Un camión ardeu este sábado na A-52, no punto quilométrico 265. Como consecuencia do lume viuse afectada a parte traseira da cabina. Un particular alertaba do sucedido ao CAE 112 Galicia ás 11.00 horas. Segundo o seu relato, o condutor atopábase fóra do vehículo e vía saír moito fume pola cabina. 

Ata o lugar achegáronse os efectivos do GES de Ribadavia e extinguiron o lume. As causas debéronse ao rozamento dunha peza da roda traseira co tubo de escape. Foi cortado un carril da A-52. O CAE 112 Galicia informaba, ademais, á Garda Civil de Tráfico. 

Arde unha casa en Carballeda de Valdeorras 

Doutra banda. distintos medios de extinción desprazáronse este sábado a consecuencia dun incendio rexistrado nunha casa en Carballeda de Valdeorras, no lugar de Sobradelo. Foi unha veciña quen alertaba ao CAE 112 Galicia ás 10.45 horas. Indicaba no seu relato que saía fume polo tellado. Confirmaba, ademais, que os membros da familia da casa xa saíran do inmoble. 

O incendio, que xa foi extinguido, afectou á parte superior da vivenda. Ningunha persoa resultou afectada. O 112 Galicia pasou o aviso aos Bombeiros de Valdeorras, ao GES da localidade, á Garda Civil e a Urxencias Médicas.

Comentarios