Arden tres naves contiguas no polígono de Arteixo

O fume complicou os labores de extinción, a pesar diso non houbo que lamentar danos persoais

Os bombeiros de Arteixo, na Coruña, traballaron na madrugada deste martes na extinción dun incendio que con toda probabilidade tivo a súa orixe na cuberta dunha das naves dedicada á almacenaxe de pensos e situada no polígono de Sabón, informou a central que coordina a atención ás urxencias.

Trátase dun local subdividido á súa vez en varios recintos, todos comunicados entre si, e tres deles foron os que arderon, polo que enseguida houbo moito fume e iso complicou os labores de extinción pero, afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.

Os vixiantes chamaron ao 112 sobre as tres da madrugada para informar da situación e avisouse tamén ao parque da Coruña e de Carballo, así como a Protección Civil e a persoal de Medio Ambiente.

A esta hora aínda hai efectivos que seguen alí para evitar que as chamas reaviven. 

Comentarios