Atropelan na Coruña a unha muller cando trataba de esquivar outro vehículo

O suceso ocorreu no polígono coruñés de Pocomaco

Un coche atropelou a unha muller ao tratar de esquivar a outro vehículo que invadiu o seu carril, informou o 112. Ocorreu ás 11.40 horas deste sábado na Avenida dos Almendros, no polígono coruñés de Pocomaco.

Foi o condutor do vehículo que atropelou á señora quen se puxo en contacto co 112 Galicia. Asegurou que atropelaron á muller ao intentar evitar outro vehículo que lles viña de fronte.

Ata o lugar do accidente, desprazáronse os profesionais de Urxencias Médicas, os axentes da Policía Local e os bombeiros da cidade.

Comentarios