Atropelan un neno de 3 anos e a súa nai en Ribeira

O menor foi trasladado ao hospital por precaución, a pesar de non sufrir feridas de gravidade

Un neno de tres anos e a súa nai foron atropelados este luns nas inmediacións dun paso de peóns na localidade coruñesa de Ribeira, informan a Efe fontes da Policía Local.

O accidente ocorreu sobre as seis desta tarde na Praza do Concello, engade Urxencias 112.

Tanto a nai como o seu fillo non sufriron feridas de gravidade, aínda que o menor foi trasladado ao hospital por precaución.

A condutora que os arroiou, e que circulaba a pouca velocidade, deu negativo no control de alcoholemia e xa se lle tomou declaración polos axentes de Policía, que instruíron dilixencias do caso.

Ademais do equipo médico de Urxencias Médicas e da Policía local, o 112 avisou ao servizo municipal de urxencias e dos Bombeiros do parque comarcal da localidade.

Comentarios