Catro traballadores dunha panadería de Boqueixón resultan afectados por un escape de gas

O establecemento no que se produciron os feitos sitúase no lugar de Camporrapado, na parroquia de Oural

Catro traballadores dunha panadería de Boqueixón (A Coruña) necesitaron asistencia sanitaria tras producirse nas instalacións un escape de gas, informou o 112.

Segundo os datos facilitados, a intoxicación puido producirse por unha mala combustión nun xerador de electricidade. O establecemento no que se produciron os feitos sitúase no lugar de Camporrapado, na parroquia de Oural.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido ás 7:30 horas da madrugada deste sábado, a través da alerta de Urxencias Médicas.

Os efectivos sanitarios desprazáronse ata o punto para atender ás catro vítimas, que non tiveron que ser trasladadas.

Desde o Centro de Atención ás Urxencias do 112 informouse aos Bombeiros de Ordes e a Protección Civil.

Comentarios