Cinco feridos nunha colisión entre un autobús e un turismo na Coruña

Tres deles tiveron que ser trasladados polos servizos sanitarios

Cinco pasaxeiros dun autobús resultaron este martes feridos de diversa consideración por mor dunha colisión cun turismo na Coruña, informan fontes de Urxencias 112.

O accidente ocorreu pouco antes das dúas da tarde na rúa Francisco Mariño.

Tres dos feridos foron trasladados polos servizos sanitarios debido ás feridas provocadas ao caer dos seus asentos tras o impacto.

O 112 avisou a Urxencias Médicas e Protección Civil, ademais das forzas da orde.

Comentarios