Continúa activo o incendio forestal de Ponteceso, que supera as 10 hectáreas

Nos labores de extinción participan dous axentes, catro brigadas, dúas motobombas e unha pa

O incendio forestal que afecta á parroquia de Langueirón, no municipio coruñés de Ponteceso, permanece activo.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, as chamas orixináronse ás 16.38 horas deste sábado e, segundo as primeiras estimacións a última hora da tarde, a superficie afectada rolda as 10 hectáreas.

Nos labores de extinción participan dous axentes, catro brigadas, dúas motobombas e unha pa.

Comentarios