Catro vehículos implicados nunha colisión en Santiago

Ningún dos ocupantes dos automóbiles resultou ferido

Un total de catro vehículos chocaron este mediodía en Santiago de Compostela e, afortunadamente, ninguén resultou ferido, informou o 112.

Ás 12.30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dunha colisión na SC-20, na rotonda de Conxo. Indicou que non había persoas feridas e que os coches non interrompían a circulación.

Desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración dos axentes da Policía Local e de Protección Civil.

Comentarios