Comisadas 3.150 pezas de roupa supostamente falsificadas na Coruña

Axentes da Garda Civil interviñeron unha nave na que tamén se incautaron 400 punteiros láser, cuxa venda está prohibida por incumprir a normativa sobre seguridade

Axentes da Garda Civil da Patrulla de Fiscal e Fronteiras (PAFIF) da Coruña comisaron 3.150 pezas supostamente falsificadas nun almacén dedicado á venda por xunto de produtos asiáticos.

Os axentes efectuaron a correspondente denuncia por unha falta contra a propiedade industrial e estimaron que o valor da mercancía alcanzaría os 3.150 euros, informa hoxe o instituto armado.

Así mesmo, incautáronse noutro almacén do mesmo polígono industrial de 400 punteiros láser, cuxa venda está prohibida por incumprir a normativa sobre seguridade neste tipo de produtos.

Os feitos motivaron tamén a correspondente denuncia ante a Consellería de Industria da Xunta de Galicia.

Comentarios