Destruída por un incendio unha nave de xestión de residuos do polígono de Sabón, en Arteixo

A instalación dedícase ao tratamento de produtos químicos. As chamas afectaron a cartón, papel e envases

Unha nave de xestión de residuos do polígono industrial de Sabón, no municipio coruñés de Arteixo, quedou destruída por un incendio, informou este domingo o servizo de Urxencias.

O incendio foi detectado cara ás 19.00 horas deste sábado na nave, dedicada ao tratamento de produtos químicos e residuos industriais, e as chamas afectaron a cartón, papel e envases, e propagáronse a un poste eléctrico de alta tensión, deixando sen subministración a empresas e zonas habitadas dos arredores.

Aínda que nas proximidades hai vivendas, o vento favoreceu en parte que as chamas non chegaron a afectar esa zona nin houbo en ningún momento risco para a poboación, segundo Urxencias.

Comentarios