Detido en Arteixo despois de roubar un total de 590 metros de cable de cobre

Pertencía á iluminación municipal da localidade coruñesa

Axentes da Garda Civil do Posto de Arteixo detiveron a un veciño, de 24 anos, por roubar supostamente polo menos 590 metros de cable de cobre da iluminación municipal desta localidade coruñesa. Os feitos ocorreron na madrugada deste mércores cando os gardas localizaron o cable subtraído e as ferramentas utilizadas para cortalo xunto a un vehículo na zona de Armentón, informa o instituto armado.

O mozo, titular do coche, logrou ocultarse nas inmediacións do vehículo cando se decatou da presenza dos axentes. Seguidamente e tras constar que se tomaron os datos do coche, presentou unha denuncia nas dependencias da Garda Civil de Arteixo pola subtracción de citado vehículo.

Nese momento e tras incorrer en varias imprecisións, recoñeceu os feitos. O detido, ao que tamén se lle imputa un delito de denuncia falsa, pasará a disposición do xulgado de garda da Coruña nas próximas horas.

Comentarios