Detido en Carballo por unha estafa de 2.000 euros

O home cometería un delito na compravenda de teléfonos móbiles

A Garda Civil detivo no municipio coruñés de Carballo un home como suposto autor dunha estafa de 2.000 euros en internet.

O agora arrestado, segundo detalla o Instituto Armado a través dunha nota de prensa, cometería un delito de estafa continuado na compravenda de teléfonos móbiles.

Os axentes pensan que ofertaba terminais en internet, pero cando cobraba pola súa venda nunca realizaba o envío, o que sucedería ata conseguir algo máis de 2.000 euros.

Os feitos foron postos en coñecemento do xulgado de garda de Carballo tras a detención que se produciu este domingo 24 de xaneiro.

Comentarios